Guía de recursos

Definición

RECURSO: Calquera medio ao que se pode recorrer para conseguir ou solucionar algo (Dicionario da Real Academia Galega)

Obxectivos

Esta guía pretende ser un referente para todos aqueles interesados na bioconstrución na Galiza, para crear rede entre profesionais, compartir coñecementos e axudar a todos os que queren unha construción sá.

Cos datos aquí recollidos vaise xerar unha guía a modo de Mapeo (algo similar a imaxe de abaixo) no que cada recurso será representado por un punto no mapa enlazado tamén a unha lista de todos os recursos clasificados por categorías.

Referencias de mapeos a nivel nacional para ter en conta:

http://mapunto.net/ecozoom/

https://redrrr.crowdmap.com/main

Descrición

Trátase de elaborar e manter unha base de datos actualizada, coas diferentes empresas, colectivos e artesans que se adican de forma profesional ao sector da bioconstrución en Galicia.

A guía será virtual a través da web da Asociación, que será actualizada continuamente. Poderase editar de forma periódica nunha versión física para distribuir en ferias, congresos, asociacións, etc.

A guía se organizará por grupos  ordeados xeográficamente. Os grupos son:

  • TÉCNICOS: Persoas cun perfil técnico: arquitectas, aparelladoras , enxeñeiras, biólogas, técnicas medioambientais… que nos axuden a desenrolar o noso proxecto.
  • OFICIOS: Empresas constructoras, especialistas de distintos oficios da construción, artesás
  • INSTALADORES: electricistas, fontaneros, etc.
  • MATERIAIS: Almacens de materiais, distribuidoras, e comerciais e representantes de productos
  • VARIOS: O resto de recursos que non pertencen as categorías anteriores como: Auto-constructores que queiran compartir o seu coñecemento, voluntarios, colectivos, etc.

Neste momento, o coordinador deste proxecto é Manuel Otero. Para calquera dúbida, suxerencia ou mellora sobre o cuestionario ou a Guía, para enviar información adicional,  ou se queres axudar á elaboración da guía, podes:

escribir ao correo: espigabioconstrucion@gmail.com

Chamar ao teléfono: 679 967 027 (Manuel)

Todo aquel técnico, empresa, artesá, etc. que queira ser incluida na GUÍA DE RECURSOS por favor, enchede o seguinte formulario:

(Se sabedes de algún recurso que podería estar na guía  podedes enviar os seus datos ao correo electrónico para poder contactal@ e incluíl@ na guía.)

LEY DE PROTECCIÓN DE DATOS:

Os datos aquí recollidos están debidamente inscritos na Axencia Estatal de Proteción de Datos, de acordo coa “Ley Orgánica de Protección de Datos de Carácter Personal (Ley 15/1999, de 13 de diciembre)” e se poden mudar ou retirar cando se precise.
Para calquera consulta contactar con: espigabioconstrucion@gmail.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s