GRUPOS DE TRABALLO

Existen diferentes grupos de traballo que permiten avanzar cara a actividades concretas a asociación. Todas as actividades e novas, así como a toma de decisión dos diferentes grupos pasarían polo grupo xeral de todas as membros. Cada grupo de traballo ten un ou dous coordinadoras. Actualmente os grupos de traballo “GdT” que temos abertos son os seguintes:

GdT ADMINISTRACIÓN

Lévanse a cabo os trámites e xestións necesarias para a configuración da asociación. Polo momento é un traballo puntual que non necesita de colaboracións activas.

Coordinadora: Xulio

GdT FORMACIÓN

Neste grupo de traballo estanse a configurar unhas bases mínimas para a formación activa e colaborativa, que se pretende impartir dende a asociación.

Coordinadora: Antonio

GdT COMUNICACIÓN

O grupo de comunicación é o que leva o mantemento desta web/blogue e atende á conta de correo de inscripción. Tamén é a que mantén a comunicación coas persoas interesadas e membros.

Coordinadoras: Miguel e Carolina

GdT PROXECTOS

Este grupo existe para xestionar e suxerir os novos proxectos no que se vai a traballar, para así garantizar a viabilidade dos mesmos. Nestos momentos hai os seguintes proxectos en marcha: https://espigabioconstrucion.wordpress.com/proxectos/

Coordinadoras: Iñaki, Ana e Manuel

Se queres participar en algún grupo de traballo, ou facer propostas de mellora de cada un, ou suxerir novos proxectos, por favor escríbenos a: espigabioconstrucion@gmail.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s