ESPIGA

¿que é?

Espiga é a Asociación Galega para a Bioconstrución. Nace coa intención de dar a bioconstrución o papel que se merece na sociedade galega.logo_hor copy

Actualmente a actividade realizada baixo estes criterios en Galicia está totalmente disgregada. As persoas que chegan a información son aquelas que xa coñecen a temática, mais para o público xeral a bioconstrución é unha grande descoñecida.

Sen embargo, existe en Galicia un grupo importante de profesionais adicados á bioconstrución, persoas con interés formativo, e usuarios desexando aplicar os criterios nos seus propios fogares e lugares de traballo.

¿por que xurde?

Espiga xurde da necesidade de crear un marco común para todas estas persoas, onde poder compartir coñecementos e experiencias neste eido. Crear unha rede de colaboración entre as diferentes persoas que teñan intereses comúns en facer ou en axudar a facer bioconstrución en calquera do amplo abano de actividades e aspectos abarcados por este sector.

¿como xurde?

Espiga é unha asociación sen ánimo de lucro, que os seus principais obxectivos son os seguintes:

•  Dar a coñecer a bioconstrución e os seus beneficios á sociedade, para que deixe de ser unha práctica minoritaria e descoñecida

•   Crear una rede entre persoas profesionais e usuarias

•   Dar acceso á formación de profesionais

•   Recompilar os coñecementos que actualmente se están poñendo en práctica

•   Fomentar a investigación de novas técnicas, solucións constructivas, materiais, etc.  sempre coidando a nosa saude e a do noso entorno.

Un comentario en “ESPIGA

  1. Benvidos.Son delineante e topografo e dende hai un tempo estou interesado na bioconstruccion e na permacultura. Alegrome de que por fin dita asociación se faga visible.
    Ata pronto.un saudo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s